martes, 29 de julio de 2008

Os vellos SI deben namorarse

Que máis me ten se vas vello! Se as túas engurras son para min ríos e onde ti ves canas eu vexo a neve da montaña.

Que máis me da se es coxo! Eu sempre pensarei que imitas o balance das olas.

Dis que os teus ollos perderon visión e eu continúo vendo neles a cor do ceo.Que as túas mans están magoadas e rugosas e eu lembro todo o que traballaches con elas.

Se che falan, dis que non oes e aínda que non vaia frío, ti vas encollido. O bastón e a mantiña son os teus mellores compañeiros e a túa boca dorme afogada na mesiña de noite.

Pero.. que me importa? Para min es o rapaz que coñecín onte e namorei, o que levoume polos mellores camiños da miña vida, con quen superei os problemas e o que quentoume os pés máis de unha vez.

Contigo quixen estar dende o primeiro momento e contigo pasarei mirando o lume dende a randeeira o resto de noites de inverno.

1 comentario:

Jesús dijo...

Bueno ya hacia tiempo que no actualizabas y ya se te echaba de menos. Como siempre de tus manos sale poesía. Salu2