Como expulsa-lo coco peludo que vive debaixo da túa cama
(maxia dos allos de Albacete)
"Ti es unha meiga e, polo tanto, amiga do coco peludo que se agacha nos cuartos e de tódalas pantasmas da escuridade. Pero este en particular cáeche mal, porque non te deixa ir polas noites ó servicio nin beber auga.
El sempre está alí, agachado, esperando que saltes da cama para agarrarte por unha canela e levarte ó seu antro de tebras.
Pois mira, se tes este impresentable no teu cuarto, esta é a maneira de botálo fóra.
fabrícate un colar con allos de Albacete. Viste o pixama do revés, a parte de arriba nas pernas e o pantalón na cabeza coma un pucho. Nos pés, dous calcetíns usados, un fucsia e o outro verde herba.
Escríbe-lo seguinte sortilexio nunha folla de papel cuadriculado:
"Polos dentes do cocón que espreita baixo da cama,fon,fon,fon!!"
Méteste na cama, apága-la luz e intentas durmir, pero o maloso non o vai permitir. Escorrega coma unha serpe nos teus pensamentos máis profundos e brinca en medos polas orellas.
Repites mentalmente a fórmula anterior e, sen deixar de facelo, esténde-la man e apalpas na mesiña buscando a chave da lámpada.Unha man peluda agarra a túa, apértaa e crávache as uñas afiadas.
Quedas mortiña de medo, paralizada de terror. Intentas berrar pero a túa voz non che sae. Esta feita pedra no teu peito.
(...) Coa man que che queda libre, colles unha cabeza de allos e cómela. Mastígala á presa e logo diríxe-lo teu bafo pestilente á besta.(...)
O coco estremécese,aproveita este momento para botarlle nas fauces o papel cuadriculado e o libro da materia que máis aborrezas.
El pápao todo, axítese, ouvea como un lobo doente mentres pega bandazos contra as paredes do cuarto.
Se o fixeches ben verás como o coco vaise achicando ata facerse moi pequeniño, tan pequeniño que tes que buscalo polos recunchos do cuarto.
Po-lo calcetín fucsia a maneira de guante e agárra-lo bicho.Mételo nun tarro de cristal que teñas esterilizado previamente. Pola mañá tes que buscar unha ponte e bótalo río abaixo."
Sole, ¿te acuerdas cuanto nos reimos por las fiestas leyendo esto?!!!XD