miércoles, 6 de febrero de 2008

Voa bolboreta...!!!

Que sorpresa! Pasa, aquí estarás mellor.
Que tal estás? Facía tanto tempo...! A xente sempre me falaba de ti mentres non estabas, boteite tanto de menos...!

Soñaba contigo tódalas noites e quedábame durmida murmurando o teu nome...

Crin que nunca máis estarías onda min; pero tiña razón a xente cando me dicía que a esperanza debe ser o último que se perde.
Por que tardaches tanto? Non sabes o mal que pasei; sen ti non sabía como eran as cousas, nin que cor tiñan, sen ti pecháronseme moitas portas e loitei moito para intentar abrilas...
Cando era pequena e íamos o campo miña nai pasaba moito tempo en cazar algunha bolboreta para poderma dar. Eu a tocaba e sentía nas miñas mans unhas suaves cóxegas cando esta tentaba escapar. Namentres, a miña nai describía as súas cores, o seu tamaño, a súa forma de voar.... Poucas veces collín unha bolboreta nas mans, gustábame sentila entre os meus dedos máis sabía que despois o seu vo sería máis torpe pola miña culpa.
Douche as gracias por querer vir, nunca pensei que ías ser así. Xa non me acordaba de ti , pois marchaches ós poucos días de nacer eu.
Perdoa porque chore tanto, pero é a emoción de saber que agora non vou a ter tantos obstáculos, de que vou poder baixar as escaleiras sen medo, que cruzarei as estradas sen esperar a alguén para que me guíe, que vou poder poñer as chaves nun sitio diferente que as encontrarei, que verei sorrisos, bágoas, acenos, amenceres, a chuvia, a beleza,fotografías, películas, debuxos...
É primavera e as bolboretas voan polo ceo ó seu gusto. Non podedes imaxinar que bonitas son, que cores tan vivos teñen, que distintas son unhas das outras....
Quedo parva mirando para elas, tiña razón a miña nai en canto a súa beleza, as súas antenas, a forma do seu corpiño tan pequeno respecto ás grandes as, o ledas que van o voar dunha flor cara outra, que parece que contaxia un sorriso con só miralas...
....Voa bolboreta, voa!!!

5 comentarios:

iNess dijo...

no se que le pasa al blogg que no me deja poner los puntos aparte perdonadle jejeje!!!


Por fin... no?

Jesús dijo...

Moitu buniiituuu

É a primeira entrada en galego ¿?non si¿? Pois xa tardabas e xa tardaba eu en comenta-lo xD

Anónimo dijo...

Oh! que bonitoo...
Pero que bien escribes capulla!:D

Llevaba tiempo intentando escribirte...pero no sabia (ala, riete si kieres xD, tuvo q enseñarme mi hermana jaja)

Besitos!!!

Xoán dijo...

Alégrome de ter encontrado esta botella cunha mensaxe tan fermosa. Gustaríame que tiveses estado no grupo de Técnicas de Expresión Escrita, non porque che faga ningunha falta, non, é que teríamos aprendido moito contigo. Continúa usando o galego, soa moi ben.

Anónimo dijo...

Menos mal que volviste a escribir, ya pensaba que te olvidabas de renovar este blog. Ya no se que más decir sobre tu forma de crear momentos y relatar historias, son geniales.
Muchos besines guapa