martes 11 de marzo de 2008

Para a miña "enana" ;-)

" Soa o espertador. Outra vez é luns. Dou outra volta na cama, non me apetece saír da casa e dar paso á interminable rutina de sempre.
Levántome, prepárome, collo as cousas e aínda con sono marcho cara clase.
Aínda non chegou ninguén, deixo a carteira e quedo no radiador ata que se achegue a hora de dar clase.Miro pola ventá mentras quento as mans; hoxe non para de chover e de vez en cando a auga peta nos cristais por causa do vento; pero de pronto, unha voz suave e doce saúdame cun sorriso.
Sentamos na mesa e comenzamos a falar, de súpeto doume conta que está parando de chover . . .
.
. . . sentadas no banquiño do patio escoitamos música e falamos; falamos dos pequenos detalles da vida e rimos, rimos coma dúas enanas.
É entón cando me dou conta que se non viñera perdíame todo esto, que grazas a ti son capaz de comprender á xente, a rirme máis a miúdo, a non tomarme as cousas tan a peito. Grazas aos teus abrazos axúdasme a seguir adiante e non quedarme atrás. Grazas aos teus sorrisos paso os mellores recreos e grazas á túa amizade o día comeza a clarexar ".
Grazas Anabel!

1 comentarios:

InéS dijo...

^^
Que bonito
No t digo nada d lo q escribes, q ya sabes lo q pienso..
Este año los premios del certamne se da en mi insti..
Asi q fijo fijo q nos vemos :D

Te quieroo!!